Sede electrónica Concello de Melide

14:22:21 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude do servizo de axuda a domicilio

O procedemento "servizo de axuda a domicilio" pretende xestionar a demanda dun conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e nomalizadora, de toda a poboación do municipio, na casa, naquelas situacións en que a autonomía persoal se vexa limitada, ou naqueles casos de desintegración familiar. En xeral, persegue xestionar o servizo de axuda a domicilio proporcionado polo Concello.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de axuda no fogar.
  • Fotocopia do DNI, pasaporte ou NIE de todos os membros da unidade de convivencia.
  • Xustificante de ingresos económicos da unidade familiar (copia cotexada da última declaración da renda ou certificación negativa da AEAT no caso de non ter que presentala, pensións, nóminas, prestacións por desemprego recibidas).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Informe médico segundo modelo anexo III.
  • De ser o caso, certificado de discapacidade emitido polo EVO ou resolución de incapacidade emitida polo EVI.
  • De ser o caso, certificado de resolución do grao de dependencia.
  • Certificado de bens inmobles da súa titularidade (rústica e urbana) e de todos os membros da unidade familiar de convivencia xunto cos últimos recibos pagados.
  • De ser o caso, contrato de aluguer da vivenda ou xustificante do préstamo hipotecario, e último recibo vencido.
  • Declaración responsable de non ter dereito a recibir un servizo similar doutra entidade (ONCE, MUFACE, ISFAS ...) ou de ser o caso, documento que acredite a denegación do mesmo.
  • Autorización da persoa beneficiaria para a domiciliación bancaria do cobro da taxa que se estableza na ordenanza aprobada ao efecto.
  • Outros que lle poidan ser requiridos coa finalidade de acreditar a súa situación de saúde familiar, social e económica.

Nome: Solicitude do servizo de axuda a domicilio.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de resolución: 6 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos:
Consultar a ordenanzas no apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.