Sede electrónica Concello de Melide

15:45:00 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no servizo de Madrugadores

O presente procedemento ten por obxecto establecer a regulación das condicións xerais de organización, funcionamento e admisión do “Servizo de Madrugadores” a cargo do Concello de Melide nos centros públicos de educación infantil e primaria do termo municipal.

O “Servizo de Madrugadores” consiste na atención, coidado e custodia do alumnado nas aulas ou espazos cedidos pola Consellería de Educación nas instalacións dos centros públicos referidos, antes do inicio de cada xornada lectiva durante o horario establecido, así como a prestación do servizo de almorzo para os usuarios/as interesados/as.

As solicitudes poderanse presentar na Sede electrónica do Concello de Melide (https://sede.concellodemelide.gal), no Rexistro Xeral do Concello de Melide ou en calquera dos lugares establecidos no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, segundo o modelo normalizado que estará a disposición dos/as interesados/as na páxina web do Concello e nas oficinas municipais.

O Prazo de presentación e: do 1 de Xullo de 2024 ata o 31 de Decembro de 2024.

As solicitudes haberán de presentarse conforme á ficha modelo que se incorpora como ANEXO I do regulamento e deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

  • DNI, NIE ou equivalente do pai, nai ou titor/a.
  • Libro de Familia, Título de familia numerosa ou resolución de acollemento ou equivalente.
  • Tarxeta sanitaria ou documento equivalente do/da neno/a.
  • Certificado médico do/a neno/a, en caso de intolerancias, alerxias ou enfermidades que poidan incidir na prestación do servizo.
  • No seu caso, aqueles outros documentos necesarios para acreditar o dereito a bonificacións ou exencións así como aqueles que permitan aplicar os criterios de selección establecidos no art. 11 (ingresos unidade familiar, discapacidade, ...).
  • Certificado bancario de número de conta.

Nome: Solicitude de inscrición en servizo de madrugadores.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                  Presencial.