Calquera persoa física ou xurídica que desexe inscribirse nunha actividade das escolas deportivas e culturais xestionadas pola corporación municipal.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
O prazo de presentación será do 6 de Outubro de 2025 ao 15 de Abril de 2026.
Nome: Solicitude de inscrición en actividades deportivas e culturais.
Unidade tramitadora: Deportes.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.