O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición nas actividades de lecer no Nadal.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar a inscrición nas actividades de lecer no Nadal para o seu fillo/a nados entre o 2022 e o 2013.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Prazo de presentación das solicitudes: do 2 ao 5 de decembro de 2025.
Datas: 22, 23, 26, 29, 30 de decembro, e 2 de xaneiro.
Haberá unha quenda única que comprende todos os días nos que se desenvolva a actividade.
Será preciso formular inscrición e rexistrala, por calquera dos medios de rexistro de entrada no Concello de Melide, no prazo estipulado. A admisión de participantes farase tendo en conta a orde de entrada no rexistro.
O número máximo de participantes será de 65 nenos/as.
Terán prioridade os nenos/as empadroados no Concello de Melide.
A actividade é de balde, non ten custe para o usuario/a.
Nome: Solicitude de inscrición en actividades de lecer en Nadal 2025.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).