O procedemento pretende xestionar as solicitudes para participar no Concurso de disfraces do Entroido 2024 de Melide.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar a inscrición no Concurso de disfraces do Entroido 2024 de Melide.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Plazo de presentación de las solicitudes: Dende o 19 de xaneiro ata ás 14:00h. do 9 de febreiro do 2024.
A actividade é de balde, non ten custe para o usuario/a.
Nome: Solicitude de inscrición no Concurso Disfraces Entroido 2024.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Unidade tramitadora: Cultura.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).