Sede electrónica Concello de Melide

22:25:51 Venres 30 de maio 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición campamentos verán 2025

O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición nos Campamentos de verán.

Campamentos Verán 2025 - 1 Campamentos Verán 2025 - 2

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar. 

Prazo de presentación de solicitudes: Do 26 de maio (ás 9:00h) ao 30 de maio de 2025 (00:00h).

  • Solicitude de inscrición en modelo normalizado indicando as quendas a participar.
  • Copia do aboamento da cota de inscrición.
  • Informe médico do/a neno/a (no caso de presentar algunha discapacidade).
  • Acreditación da situación laboral dos dous proxenitores (voluntaria).
  • Xustificante de pago (O PAGO DEBERÁ EFECTUARSE EN CAIXA RURAL GALEGA ES49 3070 0033 3060 4691 0227 PREZO: 20 €/SEMANA. Desconto do 50% a partir do 2º irmán).

Nome: Solicitude de inscrición campamentos verán 2025.

Unidade tramitadora: Cultura.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: 
Xustificante de pago

Canales de atención: Telemático (Iniciar trámite).
                                    Presencial.