O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición nos Campamentos de Pascua.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar a inscrición nos campamentos de Pascua para o seu fillo/a con idade comprendida entre os 3 e os 12 anos.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Prazo de presentación das solicitudes: Dende o 11 ao 16 de Marzo de 2026.
A actividade é de balde, non ten custe para o usuario/a.
Nome: Solicitude de inscrición en Campamentos de Pascua 2026.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).