Sede electrónica Concello de Melide

00:42:06 Xoves 28 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude do Servizo XANTAR NA CASA

O programa “ Xantar na casa” é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, con déficits de autonomía persoal, ademais de cubrir as necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
O obxectivo principal é mellorar o nivel de benestar e de calidade de vida das persoas beneficiarias, e tamén das súas familias, manténdoas no seu contorno comunitario e retardando ou evitando a institucionalización.
Os obxectivos específicos son:

  • Proporcionar ás persoas beneficiarias unha alimentación de calidade e nutritiva, atendendo os casos de maneira individualiza do e profesional.
  • Evitar a deterioración da calidade de vida das persoas beneficiarias por ter unha dieta inadecuada.
  • Previr situacións de risco que se poidan producir no proceso de preparación e elaboración da comida.
  • Facilitar un respiro ás familias e aos coidadores e impulsar medidas de apoio á conciliación da vida familiar e laboral.
  • Facer un seguimento individualizado de cada situación por parte dos profesionais que interveñen no servizo.

Poderán ser beneficiarias do programa “ xantar na casa” as seguintes persoas:

  • Persoas maiores de 60 que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que poida suplir tal situación. Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e que requiren de axuda para a preparación de alimentos.
  • Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avalidada polos servizos sociais e sempre que se estea intervindo desde outro programa para resolver a situación de exclusión.

Que cumpran os seguintes requisitos:

  • Residir e estar empadroado/a non municipio de Melide.
  • Presentar unha situación de dificultade para desenvolver adecuadamente o proceso de compra, preparación e elaboración de comidas.
  • Carecer de posibilidades persoais e familiares para cubrir adecuadamente esta necesidade. Se a persoa solicitante é dependente non chan para a preparación e elaboración dos menús, senón para inxerir os mesmos, requirirase para a prestación do servizo, o compromiso de colaboración dalgunha persoa relacionada que/o solicitante ou o acceso, a un servizo complementario.
  • Ter cubertas as demais necesidades básicas (hixiene, habitabilidade...). En ausencia desta condición deberán exercerse previamente outro tipo de medidas para liquidala.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Sie o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

 No caso de algun tipo de baixa, sustituilo Anexo I polo corresponde:

  • Copia do DNI ou documento acreditativo da súa identidade da persoa solicitante, do seu representante legal e/ou gardador de feito de ser o caso.
  • Copia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado de empadroamento e de convivencia.
  • Copia do certificado de grado de discapacidade, de ser o caso.
  • Copia do certificado do grado de dependencia, de ser o caso.
  • Informe médico de atención primaria , cumprimentado e selado axeitadamente conforme ao modelo establecido no anexo III (imprescindible indicar o tipo de dieta axeitada).
  • Xustificante dos ingresos económicos : teranse en conta os ingresos mensuais netos da persoa solicitante.

Cando a persoa que solicita o servizo se atope vinculada a outra persoa por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal as rendas de ambos terán a consideración de rendas computables entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos dos dous membros da parella.
Terá que aportarse:

  • Certificado de pensións mensuais (viuvez, orfandade, non contributiva…) ou calquera outro ingreso ( nómina, paro …) correspondentes ao ano no que se formula a solicitude.
  • Fotocopia da declaración do IRPF do ultimo ano ou, no seu defecto, certificado negativo, No caso de existir variación substancial na situación económica actual, asinarase unha declaración responsable das condicións económicas concorrentes da data de solicitude e a documentación xustificativa de dita situación.
  • Autorización de domiciliación bancaria conforme o modelo establecido no Anexo IV, asinada pola persoa interesada e a entidade bancaria.
  • Compromiso de contrato das persoas beneficiarias do servizo “ Xantar na casa” conforme ao modelo establecido no Anexo IX.
  • Outros documentos que poidan ser determinantes para a valoración do expediente.

 

Nome: Solicitude do Servizo XANTAR NA CASA.

Unidade tramitadora: Servicios Sociais.

Inicio do procedemento: A Instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Concellaría de Política Social , Igualdade e Saúde.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: O establecido na normativa que regula o trámite.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                    Presencial.