Sede electrónica Concello de Melide

01:03:26 Xoves 28 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición campamentos verán 2021

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición nas diferentes semanas dos Campamentos de Verán xestionadas pola corporación municipal.

Prazo de Presentación: do 22 de Xuño ao 13 de Agosto de 2021.

PAGAMENTO:

Antes da presentación da inscrición deberase solicitar a carta de pagamento para a súa liquidación (co fin de evitar aglomeracións, preferentemente na primeira opción):

  • Por email: campamentos@concellodemelide.gal achegando o DNI da persoa solicitante + a/as semana/s que se solicitan + nome dos/das nenos/as que se inscriben (data de nacemento e DNI).
  • Por teléfono: 981505003 – ext. 5
  • De forma presencial no Departamento de Cultura do Concello de Melide

O pagamento da taxa pode realizase:

  • En calquera caixeiro automático da entidade bancaria Abanca (pago de recibos).
  • Na banca electrónica ou nas oficinas de Abanca (de ser cliente da entidade bancaria).
  • Na Sede electrónica do Concello de Melide (https://sede.concellodemelide.gal > Pago de tributos on line).
  • Nas oficinas municipais do Concello de Melide (só con cartón bancario)

COTA DE INSCRICIÓN:
Segundo o establecido na ordenanza o prezo público dos campamentos urbanos é de 16 €/semana/nenos/as.

Bonificacións:

  • 50% : 2.º irmán e sucesivos.
  • 100%: cando o total dos ingresos da unidade familiar non superen o importe correspondente da RISGA (deberán presentar no momento da inscrición un informe do/a traballador/a social do Concello de Melide que así o confirme).

NORMAS DE XESTIÓN:

  1. As persoas interesadas en participar no campamento de verán deberán solicitalo previamente cunha antelación mínima de 5 días NATURAIS antes do inicio do campamento. Terán preferencia de acceso á praza aqueles solicitantes empadroados no Concello de Melide.
  2. A inscrición quedará aberta podendo solicitarse a baixa ou alta nas sucesivas quendas, sempre e cando se faga ata o mércores antes da semana en cuestión. A solicitude presentarase preferentemente na sede electrónica do Concello de Melide: https://sede.concellodemelide.gal (tamén se poderá entregar presencialmente no Rexistro do Concello de Melide).
  3. Procederase á devolución do prezo público a aqueles/as inscritos/as que queden sen praza nalgunha ou todas as quendas e tamén a aqueles/as que presenten baixa no prazo e na forma estabelecida (até o mércores antes da semana en cuestión).

MEDIDAS DE PREVENCIÓN POR COVID-19:

  • O uso de máscara será obrigatorio para maiores de seis anos en diante sempre que non sexa posíbel manter a distancia de seguranza interpersoal de polo menos metro e medio. O Concello de Melide porá a disposición dos nenos/as máscaras.
  • Cada grupo de nenos/as estará formado por 10 e un monitor que traballarán de maneira independente e se as condicións meteorolóxicas o permiten en espazos ao aire libre.
  • Tomarase a temperatura a todo o alumnado á entrada do campamento.
  • Os proxenitores ou acompañantes deben agardar no exterior, mantendo a distancia recomendada de metro e medio, o mesmo para a recollida.

EQUIPAXE RECOMENDADA PARA A ASISTENCIA AO CAMPAMENTO DE VERÁN

Roupa e calzado cómodo, acorde coa meteoroloxía do día. Recoméndase calzado que cubra o pé. Gorra para o sol e chuvasqueiro o día de choiva.

  • Crema solar posta da casa.
  • Aperitivo para a media mañá e bebida.
  • No caso de facer algunha actividade acuática, a roupa de baño virá posta da casa, mochila con toalla, gorro e calzado axeitado.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe inscribirse nalgunha das semanas do Campamento de Verán xestionada pola corporación municipal.

Prazo de Presentación: do 22 de Xuño ao 13 de Agosto de 2021.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiiza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude inscrición.
  • Fotocopia do cartón sanitario.
  • Taxa e xustificante de pagamento.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • No suposto de conciliación de vida familiar:
    • xustificante da situación laboral.
    • fotocopia do contrato de traballo dos dous proxenitores e a última nómina.
  • No suposto de familias en risco de exclusión social:
    • Informe do/a traballador/a social do Concello de Melide.
  • Cuestionario para Xunta (en datos do/a participante poñer o nome do proxenitor/a)

 

Nome: Solicitude de inscrición campamentos verán.

Unidade tramitadora: Cultura.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.