Sede electrónica Concello de Melide

17:47:22 Sábado 23 de xaneiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas a prol da natalidade 2020

Non hai convocatorias abertas actualmente

O procedemento "solicitude de axudas aprol da natalidade 2020" ten por obxecto xestionar e controlar as axudas e subvencións solicitadas polos cidadáns ao Concellopara o apoio ás unidades
familiares do Concello de Melide mediante o deseño de mecanismos que axuden a fixar a poboación evitando deste xeito o despoboamento.

Calquera persoa física que estén empadroados/as en Melide que teñan ou adopten un/unha fillo/a no período comprendido entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020 e cumpran os seguintes requisitos:

  • Os pais, ou polo menos, un deles, deberán estar empadroados no concello de Melide cunha antelación mínima á data do parto ou adopción de 6 meses.
  • Os/as nenos/as nados/as, ou adoptados/as, deberán inscribirse no padrón de habitantes do concello de Melide.
  • O/a solicitante da axuda deberá comprometerse a seguir empadroado/a no concello, tanto el/a como os/as nenos/as, por un período de catro anos dende o nacemento ou adopción.
  • O empadroamento suporá a residencia efectiva, polo que tanto o/a beneficiario/a como os seus fillos/as, deberán vivir habitualmente en calquera das parroquias do concello de Melide. Esta circunstancia poderá ser comprobada en calquera momento polo concello solicitando os informes que procedan.

TIPOS E CUANTIAS DAS AXUDAS.
As axudas serán como máximo de 300,00 euros por cada fillo/a nado/a ou adoptado/a entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Sie o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Prazo: será dende o día seguinte ao que se produciu o nacemento ou adopción e finalizará o 15 de novembro de 2020.

  • Anexo I - Axudas a Natalidade 2020.
  • Certificado de padrón e convivencia da unidade familiar, expedido polo concello, onde figure a data de alta no padrón de habitantes.
  • Fotocopia compulsada do libro de familia e do DNI do/a solicitante.
  • Copia do auto xudicial de adopción.
  • Declaración xurada das axudas solicitadas ou recibidas pola mesma finalidade.
  • Compromiso de seguir empadroado/a no concello de Melide por un período mínimo de catro anos.
  • Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario da mesma, ou ben cando sexa probado por parte do Concello que non se cumpre algún dos mencionados requisitos.
  • Certificación dos datos bancarios onde se pretenda recibir o importe da axuda.
  • Certificado de estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Administración Tributaria Estatal.
  • Certificado de estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Administración Tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Certificado de estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social. 

Nome: Solicitude de de axudas a prol da natalidade 2020.

Unidade tramitadora: Intervención.

Inicio del procedimiento: A Instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: No aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite)

                                    Presencial.