Sede electrónica Concello de Melide

00:48:01 Mércores 26 de xuño 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude Xeral e DXT

Permite presentar electronicamente unha solicitude, escrito ou comunicación cando non exista un procedemento concreto para realizalo.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Instancia Xeral.

 

No caso de Cambio de domicilio nos rexistros de condutores e vehículos da Dirección Xeral De Tráfico:

         1. Os expedientes que poderán ser presentados no Concello, UNICAMENTE POLOS TITULARES EMPADROADOS NESTE CONCELLO, son os seguintes:

  • Cambio de domicilio no Rexistro de Condutores da DXT (a efectos das notificacións sobre trámites relativos ao permiso de condución).
  • Cambio de domicilio de vehículo/s no Rexistro de Vehículos da DXT, a efectos do imposto municipal de circulación, xa que o domicilio do vehículo determina o Concello en que se deberá abonar anualmente o IVTM.

         2. Ambos os trámites son gratuítos para o cidadán, o cal poderá realizar un ou os dous, tachando a casa ou casas correspondentes da seguinte solicitude, que deberá anexarse á instancia xeral:

Nome: Solicitude Xeral.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                    Presencial.