Sede electrónica Concello de Melide

00:45:27 Mércores 26 de xuño 2019
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de vaos

O procedemento "solicitude de licenza de vaos" ten como obxecto establecer os requisitos e o procedemento para o outorgamento da licenza de reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aqueles propietarios e/ou posuidores lexítimos dos inmobles aos que se lles deba permitir o acceso, así como os promotores ou contratistas nos supostos de obra.

Persoas físicas ou xurídicas que desexen solicitar unha licenza de vaos.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargar o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, donde lle facilitarán o/s impreso/s normalizado/s a presentar.

  • Solicitude de licenza de vaos.
  • Plano de situación. Plano de situación do local/garaxe para o cal se solicita a licenza de vao, incluíndo fotografías da fachada do inmoble no que está situado o dito local/garaxe.
  • Licenza de apertura/obras (exentas vivendas unifamiliares). En caso de locais comerciais, ou ben de obra nova/obra maior, achegarase a correspondente licenza, acreditativa de exercer unha actividade comercial, ou de que se están a realizar obras que motiven a necesidade dunha licenza de vao.
  • Xustificante de pagamento do IBI. Copia do último recibo do imposto sobre bens inmobles (IBI).
  • Escrituras de propiedade ou contrato de aluguer.
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de licenza de vaos.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía; por delegación a Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Outras: Recibido o acordo deberá solicitar á Policía Local que lle facilite a sinal oficial. Sinal de vao: 16,18 €/placa oficial autorizada do Concello de Melide que terá que ser aboada logo de ter a autorización concedida.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.

Contas Bancarias do Concello:

Relación de Contas Bancarias do Concello